ASOCIACIÓN TEATRAL

A asocición  “ GRUPO BAZAN” ten entre outras actividades un obradoiro de teatrol estable dende o curso 96/97, de este proxecto xurde a compañía de teatro “OQUETIQUEIRAS”, e no ano 1997 representamos a nosa 1ª montaxe titulada “Maribel” de Miguel Mihura

Na temporada 97/98 , foi unha obra Jaime Salom, “Historias intimas…”.

Curso 98/99, a obra escollida foi “Mórdeme”, de Imma A. Souto

Curso 99/00, poñemos en cartel “O achado do castro” de Manuel Nuñez.

Curso 01/02, e a obra de Jose L. Prieto titulada ¡OH!.

Curso 02/03, e unha version de Sacha Guitry. “So para homes”

Curso 03/04, estrea da comedia de Camilo Ces. “Dramático”,

Curso 04/05, outra obra de Camilo Ces titulada “O caso do cadáver asasinado”.

Curso 05/06 a obra escollida e“O Traxe novo do Rei” versión libre sobre o conto de Hans Christian Andersen.

Curso 06/07 e unha versión da obra de Oscar Wilde “Ernesto”

Cada curso un novo “obradoiro” cada ano, unha nova montase, 12 anos fomentando a formación actoral, e a dinamización de actividades relacionadas coa exhibición e difusión dos espectáculos.

Promotor e colaborador de ciclos de Teatro, “Domingos a Escena” no C. Cívico de Caranza, “Mes de Teatro en Mugardos”. Mostra de teatro amador en Narón. Charlas, monográficos, homenaxes, funcions benéficacas, e un longo etc. de iniciativas no fomento das “Artes Escénicas”.

Son o delegado da actividade para a Sociedade D. R. y C. “G. Bazan” monitor nos “obradoiros” responsable da compañía “OQUETIQUEIRAS” e da dirección dos seus espectáculos.

A compañía “T. DO ASTELEIRO” de recente creación e a incorporación de Oscar Rodriguez a funcions de dirección reforzarán a calidade e continuidade de este proxecto con mais de dez anos, e outros tantos espectáculos.