GRUPO BAZÁN , GAÑA A PRIMEIRA REGATA CLASE J80 “ GRAND PRIX DE INVERNO 11 DE XANEIRO 2020”

Espectacular comezo de ano na  regata vela cruceiro “ GRAND PRIX DE INVERNO 2020”, primeiro posto na clase J80 e cuarto posto en tempo real.

Os nosos deportistas están a consolidar a excelente evolución das competicións do pasado ano.

A regata cruceiros “ GRAND PRIX DE INVERNO 2020” é unha Regata Local de Cruceiros incluída no calendario oficial da federación galega de vela. Consta de 5 probas comezando o sábado, 11 de xaneiro e finalizando o sábado, 7 de marzo