ESCUELA DE VELA LIGERA

Abriuse o prazo de inscrición para os cursos de iniciación á vela lixeira organizados pola Escola de Vela do Grupo Bazán, desenvolveranse desde o día 1 de xullo ata o día 15 de setembro de 2021, nas instalacións náuticas municipais da Cabana e estarán dirixidos a nenos principalmente (de entre 7 e 14 anos que saiban nadar), pero tamén estarán abertos a adultos, sempre que exista dispoñibilidade de embarcacións para estas persoas. Os mesmos terán carácter semanal e desenvolveranse en xornadas de luns, martes, mércores e xoves entre as 10:00 e as 14:00 horas e 16:00 e as 20:00 horas (semanas alternas, unha semana horario de mañá e outra semana horario de tarde). É dicir, a duración de cada curso será de 16 horas, das cales aproximadamente 2 horas dedicaranse ao coñecemento teórico da navegación a vela e as outras 14 horas corresponderán a aspectos prácticos (montaxe e desmonte de barcos e navegación). O prezo de cada curso será de 40 €. Desde a Escola de Vela animamos a todos as persoas interesadas neste deporte para participar, e comunicarlles que poderán inscribirse na dirección de correo electrónico seguinte: grupobazanvelalixeira@gmail.com, ou ben chamando ao teléfono nº 669 211 101.