MELLORAS IMPORTANTES NA SECCIÓN DE VELA GRAZAS A UNHA SUBVENCIÓN DA DEPUTACIÓN DÁ CORUÑA

Coa subvención da deputación da Coruña adquiriuse un xogo de velas para o noso barco de competición J80 e 2 optimist para a escola de vela lixeira.

O J80 mellorou bastante os seus resultados nas diferentes regatas deste ano grazas ao novo xogo de velas, loitando sempre nos postos de cabeza.

Os 2 optimist significan o inicio da renovación da frota da escola, permitindo o acceso a novos alumnos á escola e regatas de iniciación. Esperamos que en próximos anos póidase continuar con este rexuvenecemento dos barcos da escola, bastante deteriorados polos moitos anos de utilización e que ocasionan un mantemento anual elevado.