SUBVENCIÓN DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA Á NOSA SOCIEDADE

A Deputación da Coruña concedeunos a cantidadede 8.000 € dentro da convocatoria FO104: CONVOCATORIA DO PROGRAMA DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES DEPORTIVAS DA PROVINCIA, SEN ÁNIMO DE LUCRO, PARA INFRAESTRUTURAS E EQUIPAMENTO DEPORTIVO DURANTE O ANO 2022,

O obxecto da subvención é a adquisición de material para a práctica das diferentes modalidades deportivas. Preténdese adquirir algunha embarcación para a escola de vela así como velas novas para as existentes. Tamén se pretende dotar ao ximnasio cun par de bicicletas estáticas e material diverso de adestramento para a sección de tenis