Grande actuación do veleiro J80 no Campeonato Galego A2

O noso veleiro J80 acadou un magnífico 11º posto no esixente Campionato Galego A2, unha proba especialmente dura disputada con só dous tripulantes a bordo.
Ao longo da regata, o noso barco mantívose competitivo, navegando entre o 5º e o 14º posto, cruzando finalmente a liña de meta nun axustadísimo 11º posto.
Dende o club, queremos felicitar á tripulación por este gran resultado e por levar ben alto a bandeira da competición en nome dos nosos regatistas.
Parabéns polo seu esforzo e dedicación!
