Inauguración exposición fotográfica «Objetivo Ferrol 2.0» Subvencionada polo concello de Ferrol

O día 12 de xaneiro 2016 ás 18:00 horas inaugurarase no centro cultural

Carvalho Calero a exposición fotográfica » Objetivo Ferrol 2.0″

 

A mostra está formada por 40 fotografías de 20 autores, todos eles integrantes da sección de fotografía do Grupo Bazán: Alejandro Pérez, Angel García, Beatriz Rodríguez, Carlos Cruz, David Souto, Edu Pereira, Eva Vázquez, Gelis López, Iván Seijo, José Amigo, José Fonticoba, Luz González, María Jesús Villamar, Marimar Pazos, Marta Pérez, Miguel A. Calvo, Nelson López, Pablo Mauriz, Tusun e Víctor Torreiro.

En cor e b/n a tamaño 60×40 o conxunto ofrece unha visión persoal de Ferrol e arredores destacando a arquitectura de edificios emblemáticos, vida cotiá, rúas, mar, praias, estaleiros, Meninas de Canido, porto, castelo de San Felipe, natureza….

Poderá verse de luns a venres, desde o día 12 de xaneiro ás 18:00 horas ao 27 de xaneiro ás 14.00 horas

Esperámosvos.