A exposición de fotografía do Grupo Bazán «Objetivo Ferrol 2.0 » inaugurouse.

Hoxe 12 de xaneiro de 2016 ás 18:00 horas inaugurouse a nosa exposición colectiva «Objetivo Ferrol 2.0 no Centro cultural Carvalho Calero de Ferrol.

Pasaron tres meses desde que comezou a presentación dos arquivos por parte dos integrantes da sección de fotografía do Grupo Bazán, despois da selección das fotografías que se incluirían na exposición, levámolas a imprimir para continuar co enmarcado e xa case estaba todo listo, só faltaba sala para expoñer.

O concello de Ferrol subvencionounos a exposición, ademais de cedernos amablemente a sala de exposicións do Carvalho Calero e foi onte cando viamos concluído o noso traballo, colgando as corenta fotografías que xa poden verse sobre estas paredes.

O noso máis sincero agradecemento ao concello de Ferrol polo apoio prestado, sen él non fose posible facer esta exposición.

Non esquecemos tampouco do bo facer de Marquetería Prado e Zlick, todos eles axudáronnos a ver os nosos desexos cumpridos.

Grazas tamén á directiva do Grupo Bazán, que desde un recuncho traballa para tentar que todo saia ben, a quen dalgún modo colaboraron desinteresadamente e a todas as persoas que nos acompañastes esta tarde que fostes moitas.

Esperamos que «Obxectivo Ferrol 2.0» sexa do agrado de todos.

 

MOITAS GRAZAS

exposición grupo bazan exposición grupo bazan1 exposición grupo bazan2 exposición grupo bazan3 exposición grupo bazan4 exposición grupo bazan5