Os nosos karatecas acuden ao Campionato Galego de clubs nas Pontes

Mañá domingo 8 de maio os nosos deportistas acudirán ao campionato Galego de clubs de karate organizado pola federación autonómica nas Pontes.

Participarán 78 equipos de 17 clubs entre eles o do Grupo Bazán, nas modalidades de kata e kumité por equipos e probas técnicas para os conxuntos alevín, infantil, xuvenil, cadete, junior e senior.