Participación dos nosos deportistas na regata «Aceites Abril» en Vigo

O 14 e 15 de maio desprázase a Vigo o equipo de optimist do club formado por tres regatistas  acompañados do adestrador Javier Hermida para disputar a regata «Aceites Abril» organizada polo real club náutico de Vigo clasificatoria para o ránking galego tempada 2015-2016.

Participarán 150 regatistas de todos os clubs galegos en dous grupos.