Actividades de Fotografía para o día 15 de xullo

Como despedida da tempada, temos dúas actividades.

Primeiro, ás 20:00, veremos como revelar e montar unha Vía Láctea, tomando de exemplo as que se tomaron este Sábado en Bares. Empregaremos o Lightroom e o PTGui, e mencionaremos por encima algún axuste en Photoshop.

 

Despois, toca sesión de cinema, veremos o documental sobre Sebastião Salgado «O Sal da Terra». Empezaremos a velo ás 21:00, dura 100min.