Exposición «Objetivo Ferrol 2.0» no Castelo de Santa Cruz-Oleiros

A partir do día 5 de setembro e ata o 5 de novembro a nosa exposición «Objetivo Ferrol 2.0» colgará dos espazos expositivos do Castelo de Sta Cruz (CEIDA) en Oleiros.

Os horarios de visita serán de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas e os sábados de 11:00 a 14:00 horas. Debido a que levan a cabo actividades no devandito centro cabe a posibilidade de ampliar os horarios de visita, para iso será recomendable consultalo a este nº de tfno. 981.630.618

Os nosos agradecementos ao concello de Oleiros, a Carlos Vales director do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia por acoller a nosa exposición e a Rebeca pola súa amabilidade coas xestións.