A sección de fotografía do Grupo Bazán inaugurará o próximo 24 de febreiro ás 20:00 horas no Centro Cultural Torrente Ballester a súa terceira exposición colectiva.

A mostra que versa sobre o mar cun total de 46 fotografías en gran formato ofrece a visión persoal achegada por cada un dos 23 participantes.

Alex Pérez, Anna Gracheva, Beatriz Rodríguez, Carlos Cruz, Chus Villamar, Dani Touceda,
David Souto, Eva Vázquez, Fer Cendán, Fran Suárez, Gelis López, Iván Seijo, Jose Amigo,
Jose Fonticoba, Luis Losada, Luz González, Marta Pérez, Miguel Calvo, Mónica Lorenzo,
Nelson López, Pablo Mauriz, Rubén Pérez, Xosé Debasa.

«A mar a mares» poderá visitarse ata o 26 de marzo no seguinte horario: de martes a sábado de 11:30 a 13:00 horas e de 17:30 a 20.30 horas, domingos de 10:00 a 14:00 horas, luns pechado.

Queremos agradecer ao concello de Ferrol e a Suso Basterrechea concelleiro de cultura a oportunidade que nos ofrecen abríndonos as portas do CCTB para expoñer as nosas fotografías.