ABERTO O PRAZO DE INSCRIPCIÓN PARA OS CURSOS DE VELA LIXEIRA DE VERÁN DA ESCOLA DE VELA DO GRUPO BAZÁN.

Abríuse o prazo de inscripción para os cursos de iniciación á vela lixeira organizados pola Escola de Vela do Grupo Bazán, desensolveránse  dende o día 15 de xuño ata o día 31 de agosto, nas instalacións náuticas municipais da Cabana e están dirixidos a nenas e nenos principalmente (de entre 7 e 14 anos que sepan nadar), pero tamén estarán abertos a adultos, sempre que haxa disponibilidade de embarcacións para estas persoas.

 

Os cursos terán carácter semanal e desenvolveránse en xornadas de luns, martes e xoves entre as 10:00 e as 14:00 horas, e 16:00 e as 20:00 horas (semanas alternas, unha semana horario de mañá e outra semana horario de tarde). É dicir, a duración de cada curso será de 12 horas, das cales aproximadamente 2 horas dedicaranse ó coñecemento teórico da navegación a vela e as outras 10 horas corresponderán os aspectos prácticos (montaxe e desmontaxe de barcos e navegación).

 

O precio de cada curso será de 35 €, que incluirá a correspondente licencia federativa de escola expedida pola Federación Galega de Vela.

 

Dende a Escola de Vela animámosvos a todas as personas que esteades interesadas neste deporte a participar, e comunicarlles que poderán inscribirse na dirección de correo electrónico seguinte:

 

grupobazanvelalixeira@gmail.com,

CARTAZ ESCOLA DE VELA - VERÁN 2019_m