A SECCIÓN DE FOTOGRAFÍA DO GRUPO BAZÁN COLABORA CO ESPECTÁCULO SETESTRELO O 5 DE XULLO EN FENE

O vindeiro venres 5 de xullo ás 22:30 no Praza Alcalde Ramón Souto González e na programación do «Día de Galicia 2019» organizado polo concello de Fene Setestrelo presentará o seu espectáculo «O Camiño».

«O Camiño» é un percorrido polos diferentes camiños de Santiago que entran en Galicia, mesturando fotografía, vídeo, presentación teatral, canto e música.

O Grupo Bazán agradece que nos fixeron participar neste proxecto, estamos seguros de que será un éxito.