Principal

CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE O CONCELLO DE FERROL E A A.C.R.D.GRUPO BAZAN

Como vén ocorrendo durante os últimos anos, asinouse o convenio de colaboración entre o Concello de Ferrol e a A.C.R.D. Grupo Bazán para o apoio e promoción da vela mediante unha subvención nominativa..

É obxecto deste convenio establecer as bases de colaboración entre o Concello de Ferrol e a A.C.R.D. GRUPO BAZAN para o financiamento da súa participación nas competicións das federacións galega e española de vela.

×