PrincipalSin categoría

Grazas á convocatoria do programa de subvencións a entidades deportivas da provincia, sen ánimo de lucro, para infraestruturas e equipamento deportivo durante o ano 2024, a nosa sociedadeadquiriu un motor para a neumática da sección de vela, 15 chalecos para a escola de vela, unha vela maior para o veleiro de competición J80 e unha tablet para a escola de tenis.

É habitual na nosa sociedade aproveitar estas convocatorias de subvencións da Deputación da Coruña para actualizar e ampliar o equipamento das nosas seccións deportivas

×