O CONCELLO DE FERROL APOIA A VELA

CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE O CONCELLO DE FERROL E A A.C.R.D. GRUPO BAZAN
Como vén sendo habitual nos últimos anos, asinouse o convenio de colaboración entre o Concello de Ferrol e a A.C.R.D. Grupo Bazán para o apoio e a promoción da vela, mediante unha subvención nominativa.
O obxecto deste convenio é establecer as bases de colaboración entre o Concello de Ferrol e a A.C.R.D. Grupo Bazán para o financiamento da súa participación nas competicións organizadas polas federacións galega e española de vela, así como para a organización da XV Regata de Vela Lixeira “Ría de Ferrol”.
A nosa entidade quere expresar o seu máis sincero agradecemento ao Concello de Ferrol polo seu apoio continuado, xa que esta colaboración anual resulta fundamental para poder manter e desenvolver a actividade da vela e seguir promovendo este deporte na nosa cidade.
