FotografíaPrincipal

Inauguración «Silencio» no Centro Torrente Ballester

Estades convidados este venres ás 19, no Centro Torrente Ballester de Ferrol,  á nosa nova exposición «Silencio».

A través destas fotografías, explóranse os distintos matices do silencio: o silencio da natureza, o silencio interior, o silencio que acompaña ao baleiro, e aquel que garda segredos e memorias. Un percorrido visual que lembra que o silencio tamén fala.

Os autores que participan nesta exposición son:

Alejandro Martínez, Angel Casas, Carlos Cruz, Chus Villamar, Eva Vázquez, Fer Cendán, Fran Suárez, Miguel Llano, Mónica Lorenzo, Pablo Mauriz e Ricardo Salgado.

Translate »