Asistencia de regatistas da nosa Escola de Vela á Regata Trofeo Grillete, organizado polo R.C.N. Coruña.

Os vindeiros días 9 e 10 de abril celebrarase en augas da bahía coruñesa e baixo a organización do Real Club Náutico de A Coruña a regata Trofeo Grillete C.O.R.A., destinada ás clases Láser, 420 e Optimist, sendo a regata da clase Láser puntuable para o ránking da tempada 2015-2016 e para formar o equipo galego da especialidade.

As regatas contarán coa participación de todos os integrantes galegos da clase Láser nas suas tres epecialidades: Standard, Radial e 4.7.

Na mesma participará o regatista do noso clube Alfredo Fernández con expectativas de poderem facer bos resultados.

Están previstas 6 probas que se van disputar a partires das 14:00 da tarde do sábado e desde as 11:00 da mañá do domingo, se as concicións meteorolóxicas o permiten.

Do mesmo xeito, tamén irán á Coruña catro integrantes da escola de vela para participarem na regata de Optimist Escola. Lola Hortas e os irmáns Torres Gestal (Ana, Mariano e Marta), loitarán na auga cos respresentantes do R.C.N. Coruña e do Club Marítimo de Oza por facerse cunha das prazas de honra da regata. Teñen o mesmo número de probas previsto que os Láser, pero comezan un pouco antes en previsión de que ó mediodía suba moito o vento para estes regatistas novéis.

A previsión meteorolóxica é de ventos suaves a moderados para ó sábado e de ventos fortes o domingo con muita chuva.

Esperemos que as condicións meteoróloxicas permitan que a competición poida desenvolverse coa celebración deas probas previstas.

Na nosa escola de A Cabana continúa a actividade cos alumnos de escola que navegarán sábado e domingo no horario de 15:00 a 19:00 horas  ás órdenes do entrenador Óscar Gómez.

regata 2