REGATISTA DA NOSA ESCOLA DE VELA GAÑA O TROFEO GRILLETE, CIRCUITO OPTIMIST RÍAS ALTAS, NO R.C.N. CORUÑA.

Magnífico debut na competición da regatista do equipo da clase Optimist do noso club Marta Torres Gestal. Dirixida polo seu entrenador Javi Hermida, no Trofeo Grillete – Circuito Optimist Rías Altas 2016, organizado polo Real Club Náutico de A Coruña, consigueu a primeira plaza e, polo tanto, medalla de ouro, na categoría Optimist Escola da regata, que iba dixigida ás clases Láser, 420, Optimist Regata e Optimist Escola.

Con cinco probas disputadas o sábado 9 de abril, validóuse a regata, dado que o domingo 10 non se puideron celebrar probas debido á alerta laranxa por temporal decretada polas autoridades.

O vento que con unha intensidade de 10 nós soprou o sábado na bahía coruñesa e dirección noroeste foi ben interpretado pola regatista que alcanzou unha serie de resultados parciais (3-1-1-1-4) que, ó final, fixérona acreedora á primeira praza da clasificación xeral con unha moi desafogada distancia respecto ós seus perseguidores. A victoria ten especial mérito debido a que era a súa primeira regata en competición e debido ó numeroso rexistro de participantes na mesma, 35 embarcaciones.

Bo papel do resto de regatistas da clase Optimist Escuela, Mariano Torres, Lola Hortas y  Ana Torres, que alcanzaron postos medios na clasificación.

Notable resultado tamén do regatista do club Alfredo Fernández Nores, que obtivo un sexto posto na clasificación da clase Láser 4.7, na regata clasificatoria para o ránking galego da especialidade de esta tempada 2015-2016 (probas celebradas dentro do mismo Trofeo Grillete e paralelamente ás da clase Optimst), que conformará o equipo gallego da clase para as competicións nacionais.