Foto do Mes: «Xoguetes do recordo», 13 de Maio

Todos tivemos un xoguete especial cando eramos pequenos/as, ese xoguete que nos facía pasar intres inesquecibles nos que 1 hora de xogo parecían apenas uns segundos. Ou quizá simplemente coñecemos algún xoguete que marcou a infancia doutra persoa ¿por que non inmortalizarlo nunha instantánea?

O próximo 13 de Maio animámosvos a todos a mostrar a vosa visión sobre os «Xoguetes do recordo».